I. PROCESO DE COMPRA
Para realizar compras en www.voleipraiavigo.com, a persoa usuaria debe ser maior de idade e estar en plena facultade de contratar conforme a lexislación española.
Para poder iniciar o proceso de compra é necesario que cree un perfil de usuario/a na nosa plataforma. Os datos que pediremos para iso serán só os estritamente necesarios para xestionar as súas compras e a prestación dos servizos asociados a elas. Podes saber máis sobre o tratamento de datos na nosa política de privacidade.
A partir da creación do seu perfil, vostede poderá reservar as clases e adestramentos que desexe, así como inscribirse nos torneos publicados en www.voleipraiavigo.com. Cada vez que realice unha reserva ou inscrición, recibirá no seu correo unha notificación que confirme a transacción e os datos relacionados con ela.
II. PREZOS E FORMAS DE PAGAMENTO
Os prezos expostos neste sitio web preséntanse en euros e inclúen o importe do IVE aplicable en España. O prezo a pagar pola persoa usuaria será o que estea en vigor na data na cal a persoa fixera a inscrición ou a compra do servizo.
O Club Volei Praia Vigo resérvase o dereito de modificar os prezos en calquera momento e sen outro requisito que o de indicar as ditas modificacións neste sitio web. Non obstante, estas modificacións non incidirán nas inscricións xa realizadas antes da entrada en vigor das ditas modificacións.
Os erros tipográficos no prezo serán corrixidos á maior brevidade posible dende o momento da súa identificación. Se o erro afecta a algún comprador/a, este poderá desistir da súa compra sen gasto ningún para el.
VOLEI PRAIA VIGO pon á súa disposición varios medios de pagamento que lle facilitarán a súa experiencia de compra na nosa plataforma:
Pode elixir pagar as súas compras con:
Tarxeta de débito / crédito.
Transferencia bancaria.
Os medios de pagamento postos á disposición foron elixidos coa finalidade de proporcionarlle a maior seguridade posible durante a transacción. O CLUB VOLEI PRAIA VIGO non utiliza a información das tarxetas de crédito ou débito dos seus clientes para ningún fin. Estes números nunca estarán en poder o Club Volei Praia Vigo e serán introducidos polo propio cliente nunha pasarela de pago (web) de ABANCA SA.
III. CAMBIOS E CANCELACIÓNS
A nosa política de cambios e cancelacións recolle os seguintes casos:
Torneos e actividades puntuais:
Vostede poderá cancelar a asistencia a torneos ou actividades puntuais, sen custo adicional, e recibindo o reembolso do pagamento realizado nese concepto se cancela a súa asistencia nun prazo máximo de 7 días antes do inicio do torneo ou actividade.
Se vostede se inscribe durante os últimos 7 días antes do torneo, non poderá cancelar a súa asistencia, e tampouco recibirá reembolso da cantidade pagada pola inscrición.
Adestramentos e clases:
Vostede poderá cancelar a asistencia ás clases reservadas e recibir a devolución das cantidades entregadas, ou ben cambiar a data delas, sempre que avise cun mínimo 7 días de antelación ao inicio do período contratado.
As inscricións realizadas cun prazo menor de 7 días ao seu inicio non poderán ser cambiadas, nin canceladas e, en caso de que non asista, non recibirá o reembolso da cantidade pagada nese concepto
Material deportivo
Non se aceptarán devolucións do material personalizado agás por causas xustificadas que sexan responsabilidade do propio club (falta de stock, produto defectuoso, etc).
IV. DESISTENCIA:
En VOLEI PRAIA VIGO garantimos o seu dereito a desistir da súa compra nun prazo non maior aos 14 días dende a formalización e pagamento da súa inscrición sempre e cando os servizos contratados non conten cunha data ou período de execución específicos ou sexan artigos personalizados (nestes casos aplicará os establecido no punto III sobre Cambios e Devolucións).
Para exercer o dereito de desistencia deberá notificarnos a súa decisión de desistir do contrato a través dunha declaración inequívoca enviada por correo postal ou correo electrónico. Suxerimos que se poña en contacto con nós a través do correo electrónico info@voleipraiavigo.com.
A rescisión dentro deste período de desestimento será gratuíta no caso de non ter feito uso dos servizos contratados ou proporcional ao valor dos días utilizados no caso de si telo feito (dende a data de inscrición ata a data da solicitude de cancelación).
Unha vez recibida a solicitude cancelaremos a inscrición relacionada e efectuaremos o reembolso utilizando o mesmo medio de pagamento empregado por vostede para a transacción inicial, a non ser que dispuxera expresamente o contrario, sen ningunha demora indebida.
V. CONDICIÓNS DE USO E NORMAS
Os xogadores/as e alumnos/as que fagan uso de www.voleipraiavigo.com aceptan as seguintes condicións de contratación, uso e participación:
Os xogadores/as e alumnos/as deben facer un uso adecuado, responsable e respectuoso da plataforma. VOLEI PRAIA VIGO reserva para si o dereito de bloquear ou eliminar calquera persoa da súa plataforma que non respecte as regras establecidas ou faga un uso inadecuado dela.
A idade mínima para utilizar de xeito independente unha conta neste sitio web son os 18 anos. As persoas menores desta idade deberán facelo como usuarios tutelados na conta de usuario/a do seu pai, nai ou titor/a legal. Unha vez cumpridos os 18 anos as contas tuteladas recibirán un login e contrasinal propios, desvincularanse automaticamente das dos seus titores/as e pasarán a operar de xeito completamente independente.
Ao se inscribiren nun torneo, os xogadores/as aceptan respectar as regras dispostas polo titular do evento.
Se por calquera motivo non podes acudir ao evento, ou vas a chegar tarde, debes avisar á organización para minimizar os problemas xerados pola dita ausencia e poder avisar aos equipos que están na lista de agarda. Do contrario, a tu conta poderá ser bloqueada e perderás o acceso aos teus eventos e adestramentos.
Durante as actividades os xogadores/as comprométense a respectar aos outros xogadores/as, aos adestradores, ao equipo da organización, e as instalacións e equipos do lugar onde se leve a cabo o evento.
Os xogadores/as non poderán consumir bebidas alcohólicas, drogas ou fumar nos eventos de VOLEI PRAI VIGO.
Os xogadores/as que participan nos eventos organizados por VOLEI PRAIA VIGO comprométense a coidar e respectar o ambiente, procurando manter limpas as instalacións, sexan públicas ou privadas.
VI. LEXISLACIÓN APLICABLE
O sistema de compra sométese á lexislación vixente en España. Para cantas cuestións se susciten sobre a interpretación, aplicación e cumprimento destas condicións de compra así como das reclamacións que poidan derivarse da súa aplicaicón, todas as partes intervintes sométense aos xulgados e tribunais de Vigo, renunciando de xeito expreso a calquera outro foro que poida corresponderlles.